Friday 26 de April de 2024

Alternativa solicita o arranxo urxente do pavimento da praza Enrique Piñeiro Rodríguez


O pavimento da praza Enrique Piñeiro Rodríguez, en pleno centro da vila, presenta danos importantes desde fai máis un mes.

Desde Alternativa de Cambre recálcase que esta praza rexistra unha gran afluencia de viandantes ao atoparse varios establecementos públicos no lugar e que ditas deficiencias poderían representar un risco para os peóns.

Motivo polo cal o voceiro do grupo municipal en Cambre, Raúl Varela, solicitou ao goberno municipal o seu arranxo urxente.